Brainberg
Fiadeiro: Enxeñería axéntica seria. Convertendo tokens en valor
AI Integration & ApplicationConferenceFree

Fiadeiro: Enxeñería axéntica seria. Convertendo tokens en valor

Wed 10 Jun · 20:00 – 22:00
A Coruña, 🇪🇸 Spain
Sngular A Coruña · 6 Rúa Sor Joaquina #Entreplanta, 15011 A Coruña

About this event

Fiadeiro: Enxeñería axéntica seria. Convertendo tokens en valor con Alejandro Vidal de Mindmakers

O código cada vez vale menos. A enxeñería cada vez máis. Cloudflare portou Next.js nunha semana. Un enxeñeiro. Con axentes. Bun migrou a Rust nunha semana. E así moitos máis exemplos.

A pregunta xa non é se usar IA para programar, senón como organizar equipos e procesos cando o recurso escaso non é o código senón a túa atención. Nesta charla veremos os principios que gobernan a enxeñería axéntica en proxectos reais: como deseñar bucles de feedback que manteñan aos axentes aliñados, técnicas concretas como o hawk agents, RLM ou o patrón Scratchpad, e como paralelizar exploracións.

Nada de demos de xoguete. Casos reais, arquitectura real, e o que aprendes cando pos axentes a producir código durante horas sen supervisión.

Adicaremos unha parte da charla para falar como cambian os equipos e a xestión do backlog grazas (ou por culpa de) os axentes.

Source: eventbrite